Vilagarcía rexistra o dato de menor consumo de auga o día da celebración dunha Festa da Auga ‘excelente’

VILAGARCIA> Vilagarcía cualifica como un éxito o regreso da festa da auga. Dende os servicios de emerxencias e as forzas de seguridade non rexistraron ningún incidente importante. A curiosidade da cita é que, segundo Espina e Delfín, o día de San Roque rexistrouse o menor consumo de auga do mes de agosto en Vilagarcía.

Vilagarcía volveu a gozar este martes da súa Festa da Auga tras dous anos de ausencia. Unha cita agardada no calendario da veciñanza da vila pero tamén de toda a comarca e de diferentes puntos de toda Galicia. A festa viña marcada polas restricións con motivo da seca, sen mangueiras e sen bombeiros pero coa xente mollándose coa auga lanzada dende os balcóns ou as rúas. Miles de persoas acudiron a unha celebración que o concello cualifica de excelente.

A pesar de eliminar os bombeiros e as mangueiras, houbo críticas á festa por permitir que a xente votase auga dende as súas casas. A curiosidade deparou que o día de San Roque foi o que a empresa subministradora da auga, Espina e Delfin, rexistrou menos consumo de todo o mes de agosto.

Dende o concello tamén agradecen o comportamento da veciñanza e dos visitantes, xa que segundo explican, non se rexistraron danos importantes.

Tamén cabe destacar o traballo dos equipos de limpeza, que en menos de 24 horas recolleron todo o lixo da vila.

Precisamente, nunhas imaxes cedidas pode observarse como os equipos de limpeza realizaron o seu traballo con diversión pero con moita eficacia, limpando ata onde a mocidade lles permitía e uníndose á festa, demostrando

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí