As praias de Sanxenxo estarán máis protexidas grazas aos “centinelas do mar”

SANXENXO> 17 centinelas chegados de toda España axudarán na limpeza das praias de Sanxenxo. Trátase de mozos e mozas voluntarios que farán labores de retirada de lixo nos areais sanxenxinos á vez que coñecen o municipio. A rapazada tamén realizará diferentes actividades culturais e de ocio por toda a comarca.

As praias de Sanxenxo estarán aínda máis limpas grazas ao traballo de 17 centinelas. Un grupo de mozos e mozas de diferentes puntos de España que estarán máis de 10 días no municipio realizando tarefas de voluntariado.

Os centinelas do mar é un campus que permitirá aos rapaces facer tarefas de voluntariado pero de forma educativa e entretida.

A posta en valor do patrimonio natural de Sanxenxo combinarase con numerosas actividades culturais e de ocio polas tardes, como visitar todas as parroquias do municipio ou asistir a verbenas da contorna.

Os rapaces colaborarán co coidado das praias á vez que gozarán de toda o concello e a comarca. As actividades combinaranse con enquisas e traballo informativo aos visitantes así como publicacións en redes sociais, o que converterá tamén a estes mozos e mozas en embaixadores para promocionar Sanxenxo por toda España.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí