RIBEIRA> Esta mañá era presentada no Concello a oitava edición da Festa do polbo de Palmeira.
A cita gastronómica terá lugar esta vindeira fin de semana, nunha dobre xornada, sábado e domingo. Como é tradición a festa desenvolverase na propia explanada portuaria, nunha carpa instalada para a ocasión.
O encargado dos fogóns será novamente o afamado polbeiro Manuel Veloso.
Durante os dous días, á par da degustación, terán lugar tamén un amplo e variado programa de actividades, que incluirán diversas actuacións musicais. O pregón correrá a cargo do escritor Francisco Antón Vidal.
Dende o Concello animan a asistir a esta festa, que co paso dos anos se está a converter nunha das citas ineludibles do verán ribeirense.
Dende a organización agárdase recuperar as cifras de asistencia previas á pandemia. Servirase ó redor dunha tonelada de polbo. O prezo da ración será a 13 euros.