A aula CeMIT de Ribeira acollerá un Nadal dixital para tódolos públicos

RIBEIRA> A Aula Cemit de Ribeira celebrará o Nadal cunha ampla oferta formativa. Haberá catro cursos tanto para nenos como adultos, cunha proposta interxeracional do máis novidosa.

Durante o mes de decembro, a aula CeMIT de Ribeira rebosará actividade. O mes comezará con cursos para adultos, impartidos pola asociación Cibervoluntarios. O primeiro desenvolverase do 9 ó 12 de decembro en horario de nove e media a doce e media co obxectivo de mellorar a seguridade no entorno dixital. Do 15 ó 18 a protagonista será a Intelixencia Artificial.

Metidos xa nas datas de vacacións, haberá actividades para os nenos. Os máis cativos, de 7 a 9 anos,poderán aprender a través do xogo no Tecnonadal divertido. Para os nenos de 10 a 14 organizarase o concurso Barallando entre xeracións, unha innovadora proposta que busca promover as relacións interxeracionais.

Os interesados en participar en calquera das actividades xa poden inscribirse a través do teléfono 981 876 043 ou no enderezo cemit.ribeira@xunta.gal. Serán de balde ata completar o número de prazas.