Barbeito e Junquera cítanse en Baltar nun derbi de alta voltaxe

futbolsala250_041208.jpgSALNÉS > Esta fin de semana teremos derbi do Salnés no futbol sala. Hermanos Barbeito e Grupo Junquera xogaranse algo máis que tres puntos en Baltar nun partido no que os dous equipos desexan non perder comba co grupo de cabeza.

{flowplayer}images/salnes/futbolsala_041208.flv{/flowplayer} 

Tres anos había que non se enfrontaban Hermanos Barbeito e Grupo Junquera. O sábado en Baltar, ás18:30 horas, volverá o derbi do Salnés en futbol sala.

Un partido con moitos ingredientes. Ambos equipos contan con dous dos mellores planteis da categoría e practican un xogo vistoso. Os portonoveses foron de menos a máis e agora son segundos na xeral; os vilagarciáns descolgáronse nas últimas semanas dos postos de cabeza sobre todo debido ás baixas que sufriron. Aínda así son sextos. Ambas partes saben que é un choque importante para non perder o ritmo dos de cabeza.

Outro paralelismo máis atopámolo nos banquiños, xa que ambos conxuntos están sendo adestrados por un xogador do plantel. O Junquera pola dimisión de Diego Mollinedo hai 15 días; están a buscar adestrador e mentres tanto Juancar fíxose coas rendas do equipo. No Barbeito, esta semana Ramiro López aceptou unha oferta para adestrar en Italia o Marca Trevigiana de División de Honra e Javi Santos exercerá de adestrador – xogador. 

No apartado de baixas e pese a que aínda os dous equipos teñen que adestrarse, nos vilagarciáns estarían todos dispoñibles para xogar o partido, pese a que varios xogadores sufriron esta semana leves procesos gripais. Polo Barbeito Javi Santos e Pitu arrastran molestias dende a semana pasada. Estarán na convocatoria e forzarán a maquina se o partido así o exixe.  O espectáculo está garantizado.

Redacción Salnés