![]()
PONTEVEDRA > A actuación conta cun orzamento próximo ós 240.000 euros, dos cales a Deputación aportará o 80%.
As 48 farolas que iluminan a estrada principal de Pontecesures serán substituídas por 114 novos puntos de luz. Grazas ó convenio asinado esta mañá coa Deputación de Pontevedra, o concello de Pontecesures poderá renovar un sistema de iluminación con máis de 20 anos de antigüidade.
Esta actuación conta cun orzamento de preto de 240.000 euros e vén a sumarse a outros proxectos que se están a levar a cabo no concello e que tamén contan co apoio do organismo provincial. É o caso da instalación da rede wifi no casco urbano, que en breve se porá en marcha.
O presidente da Deputación, Rafael Louzán, adiantou que para o vindeiro ano está previsto tamén o investimento de case dous millóns de euros no acondicionamento de dous novos viais de Pontecesures. Trátase da Rúa Namorados e a Rúa Deputación.
Redacción Salnés








