Os licores e augardentes maridarán coas elaboracións dos “Pinchos de Outono”

    CAMBADOS> Os que non teñan plan para esta fin de semana, poderán achegarse a Cambados. O primeiro certame “Pinchos de Outono” chega a vila como unha nova iniciativa para degustar os mellores pinchos elaborados con un ingrediente común presente en todos eles; as augardentes e licores tradicionais de Galicia. 

     

    Do 21 ao 23 e do 28 ao 30 de outubro celebrarase o certame “Pinchos de Outono”. Unha iniciativa na que nove establecementos da vila ofertaran dous pinchos, un doce e outro salgado. Todos eles realizados cun ingrediente común; o licor ou augardente do Consello Regulador.

    Nos locais que participen poderanse coller unhas papeletas que recollen unha listaxe dos pinchos que participaron e aos que se lle poderá dar unha puntuación do 1 ao 5. Ademais da votación popular haberá unha votación profesional integrado por un representante do Consello Regulador, un da hostalería local, e un da Escola de Hostalería. 

    O pincho gañador será obterá unha placa de recoñecemento. Esta non será a única actividade que haberá na vila durante estes días, segundo sinalou o edil Xosé Ramón Abal.  

    Os cidadáns que participen e depositen os seus boletos, participarán no sorteo de 3 lotes do Consello Regulador de Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia, así como de bonos para ceas degustación. Sortearase entre todos os participantes  un vale de compra, para gastar en calquera establecemento asiciado a Cambados Zona Centro.  

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/19/pinchos_outono_licores_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/19/pinchos_outono_licores.mp4{/flowplayer}¡