O Porto de Vilagarcía realizou un simulacro de incendios nas instalacións portuarias

    VILAGARCIA> Este mércores, sobre as 10:30 da mañá, tivo lugar no Porto de Vilagarcía un simulacro de emerxencias para avaliar a capacidade de resposta e formar sobre a actuación en determinadas accións que supoñan un risco para o porto ou os traballadores e operarios que cada día traballan nas súas instalacións. 

     

    Policía Portuaria, operarios do Porto de Vilagarcía, e demais persoal traballaron esta mañá nun simulacro no que houbo que sufocar un “suposto incendio” e atender a unha “suposta vítima”. Esta acción englobase dentro dos procedementos que establece a Autoridade Portuaria para garantir a seguridade no Porto de Vilagarcía. 

    Neste exercicio activouse o Plan de Emerxencia Interior e o Plan de Protección da Instalación Portuaria, tal e como nos detallou a directora da Autoridade Portuaria de Vilagarcía.

    Unhas accións que se realizan para mellorar o tempo de reacción e tamén a xestión de emerxencias ante este tipo de situacións, nas que é importante actuar de maneira ordenada e eficazmente, para evitar males maiores. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/23/simulacro_incendio_porto_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/23/simulacro_incendio_porto.mp4{/flowplayer}