Cambados entrega os premios ás adegas gañadoras da cata do viño albariño en Palma de Mallorca

CAMBADOS> Cambados e a asociación de hostaleiros praia de Palma entregan os premios das vixésimo quintas xornadas do Viño Albariño en Palma de Mallorca. Os tres primeiros premios foron para Rectoral do Umia, Quintela da Barca e Santiago Roma. Para as adegas supón unha oportunidade para aumentar a súa promoción pola Illas Baleares e por outros países, xa nas xornadas participan amantes do viño de diferentes partes do mundo.

Cambados e Asociación de Hostaleiros Praia de Palma celebran cada ano as xornadas do viño albariño en Palma de Maiorca. Un certame para poñer en valor o viños da Denominiación de Orixe Rías Baixas nas Illas Baleares. No 2022 tivo lugar a vixésimo quinta edición que elevou como gañador a Rectoral do Umia.

A segunda posición foi para Quintela da Barca.

E pechou os postos de honra a adega Santiago Roma.

Para as adegas este premios supoñen un recoñecemento ao seu traballo e unha promoción dos seus viños no arquipélago balear.

O certame é moi seguido nas Illas Baleares. Nas xornadas participan expertos do viño de diferentes países co que a promoción dos viños vai máis alá das propias illas.

A vindeira edición das xornadas do albariño en Palma de Mallorca terá lugar o 20 de abril. O concello e os hostaleiros de Mallorca invitan a todos os albariños da Denominiación de Orixe Rías Baixas a participar no evento.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí