A II Fase Provincial Escolar e Promoción Ximnasia Rítmica Pontevedra desputarase en Vilanova

VILANOVA> O Concello de Vilanova acollerá a II Fase Provincial Escolar e Promoción Ximnasia Rítmica Pontevedra. Preto de 700 ximnastas competirán o sábado no pavillón da vila a partir das 10 da mañá.

O traballo do Club de Ximnasia Rítmica Arousa permitirá a celebración, o sábado en Vilanova, da II Fase Provincial Escolar e Promoción Ximnasia Rítmica Pontevedra. O club organizará o torneo xunto ca Federación Galega de Ximnasia e coa colaboración do Concello de Vilanova.

No campionato participarán preto de 700 ximnastas de diferentes idades e categorías.

A diferenza entre as categorías escolar e promoción está na dificultade e nos aparellos a utilizar.

O torneo levarase a cabo no Pavillón multiusos de Vilanova. O alcalde fixo fincapé a importancia para a vila de que cada semana o equipamento acolla actividades como esta.

O torneo é clasificatorio para o campionato galego. A competición comezará ás 10 da mañá e a entrada é gratuíta.