Vilagarcía prepara unha homenaxe a Purita Ramos

    VILAGARCÍA> A gala terá lugar este próximo sábado,cinco de setembro, ás nove da noite no Salón García e está organizada por amigos e exalumnos da coñecida pianista, profesora de música de moitos vilagarciáns. O salón García acollerá este próximo sábado, a partir das nove da noite, esta gala-homenaxe a Purita Ramos. A iniciativa xurdiu de varios amigos da familia e antigos exalumnos da pianista que decidiron celebrar un acto de recoñecemento ó seu labor profesional e tamén persoal. Dende a organización non quixeron desvelar polo de agora nada do contido desa gala, para así darlle unha maior sorpresa á homenaxeada. Aínda así sábese que terá un carácter musical e nela tomarán parte antigos alumnos de Purita. Na presentación do acto tamén tomou parte unha filla da homenaxeada, Gloria Costa, quen se mostrou encantada coa iniciativa. As invitacións para participar na gala poderán retirase a partir deste venres no auditorio municipal ou ben no propio Salón García.