SANXENXO> O tribunal superior de xustiza de Galicia falla en contra do concello de Sanxenxo na demanda interposta pola expropiación dos terreos da rúa das Conchas. A administración local deberá pagar á familia Rocafort unha indemnización de preto de 10 millóns de euros. Dende o goberno local recorrerán ao supremo entendendo que a compensación debería ser só de 4 millóns de euros.
A familia Rocafort iniciou no 2011 o expediente expropiatorio dunha parcela da rúa das Cunchas solicitando ao concello unha indemnización de máis de 45 millóns de euros. Un terreo polo que o Xurado de Expropiación de Galicia fixou un xustiprezo de 4 millóns de euros. Despois de varias sentenzas en contra nas diferentes instancias xurídicas, o Tribunal superior de Xustiza de Galicia falla a favor da familiar Rocafort e impón unha indemnización ao concello de preto de 10 millóns de euros.
Os Rocafort reclaman a contía correspondente á expropiación dunha parcela de 1750 m2 e os 728 m2 dos viais. A sentenza valora o metro cadrado en máis de 3 mil euros, a diferencia do Xurado de Expropiación que a fixaba en 1638. Dende o concello respectan a decisión pero a cualifican de incomprensible.
Segundo o concello, a familia Rocaforf construíu na zona 10 edificios, 9 dos cales teñen a súa entrada pola Rúa das Cunchas. Dende o goberno local non entende como é posible que se autorizase a construción deses edificios se só tiñan acceso por unha vía privada.
O concello ten 30 días para recorrer a sentenza. Dende o goberno local adiantaron que xa están traballando para apelar a sentenza.