Detidas 7 persoas en relación co asasinato dos curmáns Feijóo

    PONTEVEDRA > A Garda Civil detivo a sete persoas en relación co asasinato dos dous curmáns que apareceron queimados en Cambados o pasado 3 de decembro. Paralelamente, practicáronse varios rexistros domiciliarios en diversos puntos de España, un deles nunha casa da Bouza, en Castrelo, Cambados. Os detidos pasarán mañá a disposición xudicial en Cambados dentro dunha operación que se mantén aberta e baixo segredo de sumario.

    rexistroencastrelo_300_250406.jpgEsta vivenda, emprazada na Bouza, na parroquia cambadesa de Castrelo foi un dos 13 puntos rexistrados pola Garda Civil dentro da operación Zapatos, que investiga o dobre homicidio cometido en Cambados o pasado 3 de decembro. As investigacións realizadas pola Comandancia de Pontevedra, en colaboración coa Unidade Central da Policía Xudicial, levaron á detención de 7 persoas presuntamente implicadas no homicidio dos primos Ricardo e José Ángel Feijóo. A Garda Civil detivo a unha muller, S.A.A., de 33 anos en Barcelona; dous homes na Coruña, un deles galego, J.M.L.C., de 47 anos e W.R.O., de 23; en Lugo detívose a outro galego J.D.R., de 34; en Madrid a un home e unha muller, J.M.G.L., de 37, e C.S.S., de 24. O único extranxeiro detido nesta operación é Y.P., de 29 anos, interceptado en Hendaya. operacionzapatosdelfinepetisco_300_260406.jpg

    José María Petisco, coronel xefe Garda Civil Pontevedra, sinalou que cren que todos están involucrados pero que aínda está por dilucidar. Os detidos xa se atopan na comandancia da Garda Civil de Pontevedra onde se elaboran as correspondentes dilixencias. Probablemente mañá pasen a disposición xudicial a medida que vaian declarando ante a Garda Civil. Os detidos serán remitidos ó Xulgado de Cambados, que instrúe o caso.

    A operación púxose en marcha trala denuncia presentada o pasado 3 de decembro por unha muller, comunicando a desaparición do seu home, tras atopalo a noite do día anterior nunha habitación do seu domicilio amordazado e acompañado duns individuos que non puido identificar. A seguinte pista foi un vehículo calcinado en Valença do Minho, en Portugal, que fora alugado na Coruña.

    operacionzapatosmuioserantellos_300_260406.jpgEse mesmo día atopábase outro coche queimado en Serantellos, Cambados e tralo recoñecemento da zona localizábase no interior dun muíño en desuso os corpos calcinados de dúas persoas coas mans atadas. A Garda Civil foi moi prudente á hora de aportar datos desta operación, xa que o caso está aínda baixo segredo de sumario. De todas formas non descartan que se poida tratar dun axuste de contas. Ata o de agora procedeuse a 13 rexistros, un deles en Cambados e outro en Poio, 3 en domicilios de Barcelona, outros cinco na Coruña, dous en Lugo e outro en Guipúzcoa. Neles interviñéronse 5 detonadores eléctricos, 4 de cebo, unha arma de fogo, outra de fogueo e numerosa documentación que aínda se está a investigar. A operación mantense aberta e non se descartan novas detencións.

    Redacción Salnés