Nogueira atalla a polémica trala traducción de “Os Heroes do Orzán”

     VILAGARCIA> Polémica en Vilagarcía pola traducción ó castelán da obra Os Heroes do Orzán no Concerto da Banda de Música…

    {flowplayer}images/salnes/polemica_traduccion_villa.flv{/flowplayer}

    … de Vilagarcía no Concerto de fin de ano. A peza orixinal estaba en galego pero o director decidiu interpretala en castelán para que se entendese mellor; un feito que non gustou nada á oposición que pide responsabilidades ó director da Banda e ó edil de cultura. Deste xeito, os nacionalistas cualifican este feito de inaceptable e de aberración e atentado para a nosa lingua e cultura que o PP permita e non condene esta traducción.

    Mentres tanto na rúa, a poboación non lle dá tanta importancia ó asunto aínda que si recoñece que a traducción foi innecesaria posto que nesta cidade son bilingües e calquera pode entender perfectamente o castelán e o galego. O responsable da traducción, o director da Banda Suso Nogueira, asegura que actuou de boa fe e ca licencia do autor e compositor Antón Alcalde; co fin de que algunha reviravolta da lingua chegase a todos con facilidade.

    Aínda así sabe que esta situación é desproporcionada de máis e que responde ó xogo político do que algúns grupos pretenden sacar tallada. Nogueira entoa o mea culpa e asume tódalas responsabilidades desta traducción.

    Con todo Nogueira non acepta a polémica que se creou en torno a este asunto posto que xa ten traducido ó galego moitos proxectos da importancia do Quixote sen que ninguén puxese o grito no ceo por faltarlle á lingua de Cervantes. De agora en diante respectará na medida do posible a lingua orixinal para evitar suspicacias.

    Redacción Salnés