O candidato popular á Xunta pecha o ano solicitando o voto ós arousáns

    mitin_pp_ribadumia_100_291208.jpgRIBADUMIA > Alberto Núñez Feijóo conseguiu encher o Auditorio Municipal nun mitin ó que asistiron autoridades locais e provinciais.

    Coa ollada posta no vindeiro un de marzo, o presidente dos populares, Alberto Núñez Feijóo, asistiu en Ribadumia a un mitin no que solicitou o apoio de tódolos arousáns para as próximas eleccións. O acto tivo lugar no Auditorio Municipal en nel, Núñez Feijóo contou co apoio de moitos dos alcaldes populares da zona, así como do secretario xeral do partido, Alfonso Rueda, e o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán. Nun discurso cheo de críticas ó actual Goberno galego, Louzán fixo repaso das promesas incumpridas e deberes sen facer que, segundo el, deixa o bipartito, como o colapso na sanidade galega ou a falta de axudas prometidas na Lei de Dependencia.

    Louzán acusou á actual Xunta de ignorar ós alcaldes populares da comarca ó non terse reunido con eles ó longo desta lexislatura, e presentou á Deputación como o organismo que máis está a investir na provincia de Pontevedra. Na mesma liña, Alberto Núñez Feijóo denunciou o retraso do tren de alta velocidade ou a xestión do bipartito en cuestións como a cota láctea. Mención especial recibiu a recente adxudicación do concurso eólico. Segundo Feijóo, o desacordo entre BNG e PSOE neste punto amosa a división do actual goberno, e augurou a súa desaparición nas vindeiras eleccións.

    Redacción Salnés