Meaño pon a punto o pavillón de Xil coa mellora da súa climatización e maior eficiencia enerxética

MEAÑO> Melloras de climatización no pavillón de Xil, en Meaño. Trátase dunha actuación que incluíu a instalación de placas solares e bombas de calor. Tamén se aproveitou para renovar o alumeado da instalación. Un conxunto de medidas co que conseguen unha maior eficiencia enerxética. De cara o ano que vén, o concello traballa xa na mellora da acústica deste espazo.

Grazas a unha subvención da Dirección Xeral de Administración Local da Xunta, o concello de Meaño acaba de levar a cabo unha fonda actuación de mellora da eficiencia enerxética neste pavillón de Xil. Un espazo que acolle actividades deportivas, pero sobre todo outras de tipo social, que precisan dunha boa climatización.

Dos case 150.000 euros que se investiron aquí, o 80% proceden de fondos autonómicas, mentres que o 20% restante foi asumido polas arcas municipais.

O seguinte obxectivo do goberno local é mellorar a acústica do pavillón de Xil.

Ao mesmo tempo, estase levando a cabo outra actuación no pavillón de Dena, tamén centrada na mellora da eficiencia enerxética.

A previsión é que os traballos estean rematados a finais de xaneiro.