RIANXO > O concello de Rianxo abrirá dous días pola tarde a partir do 19 de xaneiro para mellorar a atención ós cidadáns.
{flowplayer}barbanza/aperturaconcello.flv{/flowplayer}
Deste xeito, Rianxo convértese no primeiro concello en abri-las súas portas pola tarde. Inicialmente serán dous días á semana nos departamentos de rexistro xeral, urbanismo e recadación e, en función dos resultados, estudarase a ampliación a máis días e seccións.
O novo horario foi acordado previamente co persoal. O obxectivo é dar un mellor servizo a aqueles cidadáns que non dispoñen de tempo polas mañás para realizar as súas xestións.
Redacción Barbanza