O Barbeito pecha unha primeira volta case inmaculada

futbolsala250_301208.jpgSALNÉS > Tras un inicio dubitativo, doce victorias consecutivas colocan ó Hermanos Barbeito líder da Primeira Nacional B. Todo ó contrario que o Grupo Junquera, que empezou moi forte pero que co paso das xornadas se foi a menos.

É díficil crer que o Hermanos Barbeito non fixo este equipo a golpe de talonario, pero así é. Hai uns quince anos, o hoxe director deportivo do club, Rodri, coincidíu no filial do Rías Baixas, o Marcote, cos Javi Santos, Pitu e compañía. Os xa veteranos xogadores, por unha mera cuestión de amizade, por rememorar vellos tempos, reuníronse de novo no Barbeito este ano para colocar ó equipo no máis alto da táboa.

Ademais, a eles uniuse xente de calidade como Bruno Ribeiro, chegado dende Cáceres ou a ultima adquisición, o internacional arxentino Chelito, que desligouse a metade de temporada do Nápoles de División de Honra italiana.

Todos eles puxéronse baixo o mando de Ramiro López, , para crear un superequipo que leva doce victorias consecutivas e pasa por ser o conxunto máximo goleador de tódalas categorías en España.

 A día de hoxe o equipo diríxeo Javi Santos, trala marcha a Italia de Ramiro, e camiñan igualados na táboa co Cesuras, pero semella que o único rival que terán este ano para acadar o ascenso serán eles mesmos, xa que o propio Cesuras levouse na súa un 3-8 no saco ou o exixente  Caloto, outro dos galos da categoría, un 1-6. Datos apabullantes que por suposto invitan ó optimismo.

Para calibrar aínda máis o bo nivel deste conxunto, os afeccionados poderán ver o sábado que ven un encontro amistoso ante o líder da División de Prata; o Burela visitará Baltar.

No Grupo Junquera viviron unha situación á inversa. Comezaron moi ben a temporada, pero pouquiño a pouco forense desinflando e perdendo coba cos de cabeza, agora son sextos a dez puntos do liderato.

É un equipo que aposta pola xuventude frente á veteranía e que amosa probablemente o xogo máis atractivo da categoría. Diego Mollinedo colleu o mando a comezo de temporada e trala primeira xeira negativa de resultados decidíu deixar o seu posto a Juancar, que agora desenvolve as tarefas de adestrador-xogador.

Marcos Sesar e Fabián chegarton dende o Leis para darlle un salto de calidade a este equipo que loitará ata o final por estar o máis arriba posible. É ademais o único conxunto nos últimos tres meses que puxo verdadeiramente contra ás cordas ó Barbeito. Iso debe espolealos para tentar escalar posicións na xeral, cun calendario que lles vai ser favorable nas primeiras xornadas da segunda volta.

Redacción Salnés