SANXENXO> Tamén será unha Semana Santa atípica no veciño concello de Sanxenxo, outro dos destinos favoritos dos que escollen as Rías Baixas para pasar as súas vacacións. Neste caso, o alcalde Telmo Martín asegura que non detectaron intencións de desprazarse ata o municipio.
A de 2020 será unha Semana Santa moi diferente no concello de Sanxenxo. O ano pasado a ocupación hotaleira situouse nun 85%. Este ano as vacacións non levarán visitantes ao municipio.
Aquí tamén o concello decidiu pechar as praias, incluso antes de que se decretara o Estado de Alarma. Ao contrario do que sucede no Grove, non detectaron ningún movemento que lles faga sospeitar que hai persoas que intentarán chegar a Sanxenxo en Semana Santa.
Martín xa pensa no levantamento do Estado de Alarma. El é dos optimistas: cre que o feito de que o 90% do turismo que recibe Sanxenxo sexa nacional xogará ao seu favor tralas restricións.