![]()
CALDAS> Os traballadores da planta de Clesa retoman os actos reivindicativos cunha peregrinación en tres etapas para que a súa situación non caia no esquecemento.
{flowplayer}images/salnes/NOVIDADES_CLESA.flv{/flowplayer}
Partirán este sábado ás nove da mañá das instalacións de Clesa en Saiar. Esta primeira etapa levaraos ata Valga. Uns 14 quilómetros de percorrido que finalizarán en torno á hora do xantar, momento no que regresarán á fábrica en autobús. Este será o sistema que sigan nos dous sábados seguintes. Prevén chegar a Santiago o 14 de maio. Ese día finalizará o ‘Camiño Reivindicativo’, como lle deron en chamar. Os traballadores da firma láctea buscan que a súa situación no caia no esquecemento e as administracións sigan a traballar por que a actividade da planta continúe e se manteñan os 160 postos de traballo.
Polo momento o Instituto Galego de Promoción Económica, dependente da consellería de Industria, reiterou o seu compromiso de poñer a disposición das empresas acredoras de Clesa programas de financiamento para garantir a súa viabilidade económica mentres non se resolve a situación do grupo Nueva Rumasa. Por certo que no tocante a esta sociedade, o xulgado do Mercantil número seis de Madrid vénlle de solicitar máis documentación a fin de contar con toda a información precisa para valorar se dá luz verde ó concurso voluntario de acredores solicitado polo grupo.
Redacción Salnés






