Meusviños volve a Meis cunha xornada máis e a implicación de 12 adegas do municipio

MEIS> Meusviños volve a Meis do 18 ao 20 deste mes de outubro. Esta proposta vitivinícola acada a súa quinta edición cunha xornada máis e a implicación de doce adegas do municipio. Dentro da programación inclúese unha cata ameteur, distintas propostas musicais e tamén showcooking, este ano protagonizados por cociñeiros emerxentes de Meis.

Meis é un dos municipios do Salnés con maior extensión de viñedos e dende hai cinco anos o sector atopa en Meusviños o seu gran escaparate de promoción e divulgación. A feira vitivinícola acada a súa quinta edición, consolidada como un dos grandes eventos do ano no municipio. Tanto que medra, adiantando a súa inauguración ao venres.

Unha cita á que convidadan a visitantes, pero tamén a veciños para que poidan gozar e presumir dos viños que se elaboran na súa terra. 

Desta volta participan no evento 12 adegas, practicamente todas as que están vinculadas con Meis. Na praza do Mosteiro ofrecerán os seus produtos a prezos máis que razoables.

TT

Ademais os viños virán acompañados de moita gastronomía. Nesta liña, a destacar tamén os diferentes showcooking que teñen organizados, nesta edición dándolle o protagonismo a futuras promesas da nosa cociña, con Carlos Silvestre e Manu Abal. As xornadas complétanse coa cata concurso amateur.

As adegas participantes salientan que esta ampla programación é todo un reclamo que serve para dar a coñecer os seus viños.

Ás propostas vinculadas co viño e a gastronomía hai que sumar tamén unha variada oferta musical, cun tributo a Hombres G, Os Druídas, Pablo Balseiro Trío e Dani Barreiro & Friends.