Cambados celebrará a XXI edición de Xironsa recuperando a súa esencia

CAMBADOS> Cambados celebrará unha nova edición do Festival de Xironsa adaptado as normativas pero máis próximo a súa esencia. O evento recuperará este ano a actuación da asociación cultural. A oferta musical será moi variada.

O concello de Cambados acollerá a última fin de semana de agosto a vixésimo primeira edición do festival de xironsa . Ao igual que o ano pasado, o evento terá lugar en Torrado e non en Corbillón para poder cumprir con todas as normas sanitarias. A pesar do traslado, o festival si poderá celebrar este ano moitas das actividades que o caracterizan. A fundamental é o regreso da actuación da asociación cultural.

O festival tamén recupera a feira de artesáns, con vinte catro postos, e as actuacións musicais durante todo o día.

As actuacións principais serán o venres de Xironsa e os Carunhcos, sábado de Bandkatro e Marcelo Dobode e domingo Onte e hoxe. O festival ademais recuperará o seu xantar, tamén adaptado ás normas sanitarias ao igual que un local hostaleiro.

Outros dos eventos destacados é o que terá lugar o sábado á tarde coa presentación da revista cen follas acompañada dunha actuación sorpresa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí