Ribeira mercará tres cabinas de control de temperatura e desinfección

RIBEIRA> O executivo ribeirense, dentro do plan local de desescalada, vén de dar luz verde a adquisición de tres arcos de control de temperatura e desinfección que serán colocados na entrada de diversas dependencias de titularidade municipal.

O alcalde facía ademais unha chamada ós dous principais grupos políticos da oposición, tanto o Partido Socialista coma o BNG, para liderar unha proposta de pacto social e económico no Concello que vaia máis alá das ideoloxías.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí