Os accidentes mortais en zonas interurbanas descenden no 2008

    seguridade_viaria_pontevedra_100_090109.jpgPONTEVEDRA > Fronte a este descenso, os sinistros con falecidos nas cidades aumentaron un 175% no 2008.

     {flowplayer}images/salnes/090109_balance_seguridade_viaria.flv{/flowplayer} 

    En total o ano pasado rexistráronse na provincia de Pontevedra 68 accidentes mortais, 46 en zona interurbana e 22 nas cidades. Estes datos supoñen un descenso de case o 38 por cento nos sinistros que se produciron fóra dos cascos urbanos da provincia, mentres que nas cidades, o volume de accidentes mortais disparouse un 175 por cento con respecto ó 2007. O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Delfín Fernández, daba a coñecer estas cifras durante a presentación do Balance de Seguridade Viaria referido ó 2008.

    Dos 22 accidentes mortais rexistrados nas cidades de toda a provincia, 10 tiveron lugar en Vilagarcía. Fernández indicou que no caso das urbes, a competencia para regular o tráfico é do concello, por iso preferiu non analizar as causas deste alto índice de sinistros en Vilagarcía. O que si asegurou é que dende o goberno local xa está na traballar para aumentar a seguridade do tráfico.

    Desde decembro do 2007 cometéronse na provincia un total de 1190 infraccións de tráfico, máis da metade por superar a taxa de alcohol ó volante. En canto ás perdas de lincenzas por esgotamento de puntos, o departamento provincial de tráfico rexistrou un total de 989, das cales 629 xa están executadas. O perfil dos condutores que perderon o carné durante o 2008 é de varóns con idades que roldan os 28 anos.

    Redacción Salnés