AGE denuncia ante o TSXG o escrache en Cuca Vilaxoán

     VILAGARCIA> Trala irrupción da Policía Nacional a noite do xoves da semana pasada para que persoal do Grupo Garavilla se levase…

    {flowplayer}images/salnes/seguemento_cuca_160413.flv{/flowplayer}

    … os autocleves da factoría de Conservas Cuca en Vilaxoán, hoxe as traballadoras continuaban as súas quendas de vixilancia permanente con normalidade e resignación.

    A súa loita será levada de novo ó Parlamento Galego polos tres grupos da oposicion con máis énfase se cabe despois da irrupción do xoves pola noite no que o persoal de Garavilla se presentou custodiado pola Policía Nacional provistos de inhibidores de frecuencia; unha circunstancia que indignou a grupos de esquerda como AGE, cuxo representante máis emblemático, Xosé Manuel Beiras visitaba recentemente ó peche destas traballadoras.Amais Beiras ven de presentar unha denuncia ante a Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia polo que considera un escrache franquista.

    Con todo, as empregadas de Cuca Vilaxoán dan tanto valor ou máis o apoio que reciben a diario dos seus veciños e amigos. Aseguran que aínda teñen ánimo para seguir loitando aínda que pasan máis tempo nesta caseta que na súa propia casa.

    Así as cousas, seguirán presionando aínda que non teñen moitas esperanzas postas na vontade do seu interlocutor. No referente ó desafío lanzado pola dirección da empresa de que ía a contratar xente de fóra do plantel desde Cuca Vilaxoán fan pouco caso e interprétano como parte das ameazas habituais propias dun proceso negociador duro como este que están a vivir.

    Redacción Salnés