A estabilidade do Partido Galeguista pende dun fío

    partido_galeguista_100_250809.jpgVILAGARCÍA> A aplicación e levantamento de expedientes de suspensión cautelar da militancia a varios membros do partido amosan dúas faccións enfrontadas.

    {flowplayer}images/salnes/250809_partido_galeguista.flv{/flowplayer}

    Se había algunha dúbida sobre a existencia de dúas faccións enfrontadas no seo do Partido Galeguista, esta tarde quedou despexada. Francisco López “Chesqui”, militante desta formación, rompía o silencio mantido durante os últimos catro meses, o tempo que tardou a Comisión de Garantías do partido en levantar a suspensión de militancia que recaía sobre el e outros tres galeguistas, Francisco Pérez “Katelo”, Orlando Villamayor e Ramón Rodríguez. Agora, estes galeguistas apuntan sen tapuxos a quen estaba detrás dos seus expedientes.

    Esta camarilla á que se refiren non é outra que a facción do Partido Galeguista que non respalda a candidatura de “Chesqui” á presidencia da formación. E é que segundo Francisco López, esta é a verdadeira causa que está detrás do seu expediente. E quen son os integrantes dese sector crítico. Os mesmos que desde o venres están suspendidos cautelarmente de militancia pola Comisión de Garantías: Alfredo Bea e Víctor Otero, da agrupación local do Grove, así como Manuel Varela e Manolo Soto. “Chesqui” acúsaos de ter traizoado a confianza do partido e lánzalles unha mensaxe.

    A polémica segue aberta porque ó parecer, os agora expedientados non consideran que a Comisión de Garantías teña lexitimidade para suspendelos de militancia.

    Acepten ou non a lexitimidade deste órgano, o certo é que ata que se resolvan os expedientes, tanto Alfredo Bea como Víctor Otero, Varela e Soto quedan suspendidos da militancia. Agora haberá que esperar que ocorre este sábado no Pazo de Congresos da Illa da Toxa, porque ese foi o día elixido polo presidente do partido, Manuel Suárez, para celebrar o Consello Nacional do Partido Galeguista.

    Redacción Salnés