Rianxo desenvolverá nas parroquias obradoiros sobre aplicacións móbiles para maiores

RIANXO> O concello de Rianxo promove unha serie de cursos sobre aplicacións dixitais para persoas maiores de 55 anos. Impartiranse en tódalas parroquias da man da asociación Cibervoluntarios. O primeiro obradoiro terá lugar os días 24 e 25 de abril na parroquia de Isorna.

Mellorar a capacitación dixital dos maiores no manexo das aplicacións móbiles é o obxectivo fundamental dos cursos que vai poñer en marcha o concello de Rianxo. permitiralles realizar tarefas cotiás de xeito moito máis áxil e rápido.

En total, impartiranse seis cursos, un por cada parroquia. Comezarán o 24 e o 25 de abril en Isorna e desenvolveranse de xeito quincenal, sempre en horario de 5 a 7 da tarde. Trátase de grupos reducidos, de entre 8 e 12 persoas, polo que se recomenda ós interesados que realicen a inscrición canto antes a través do teléfono 664 185 489

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí