Teresa Táboas visita as obras de rehabilitación de Virxe das Mareas

    taboas100_220109.jpgO GROVE> A Conselleira de Vivenda anunciou que a aprobación da Lei de Vivenda permitirá a estes veciños pedir axudas para rehaiblitar as súas casas.

    {flowplayer}images/salnes/TaboasVirxeMareas_220109.flv{/flowplayer} 

    A Conselleira de Vivenda e Solo Teresa Táboas, achegouse esta tarde ata ó Grove para visitar as obras que están a acometer no barrio de Virxe das Mareas, visita na que estivo acompañada polo alcalde meco Xosé Antonio Cacabelos e varios  membros da corporación municipal.

    Unhas obras demandadas dende hai tempo polos veciños e que veñen a mellora-la rede de abastecemento de auga potable e a de saneamento. Estos traballos son froito dun convenio asinado entre concello e Xunta, e nos que o organismo autonómico inviste 185.000 euros.

    Ademais desta actuación, Táboas anunciou que os veciños do barrio poderán acceder tamén ás axudas de ata 24.000 euros que oferta a nova lei de vivenda aprobada o pasado 27 de decembro e publicada onte no DOG.

    Asimeso, a Conselleira salientou que esta lei, que entrará en vigor en tres meses, recoñece os núcleos do litoral preexistentes antes da Lei de Costas de 1984.

    Redacción Salnés