A POBRA> O concello da Pobra destinará 200 mil euros do Plan de Obras e Servizos a gasto corrente. O resto do importe con cargo ó remanente do pasado exercicio investirase en catro obras para mellorar a accesibilidade e a pavimentación en varios puntos do municipio.
A achega do Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña para Pobra ascende a 357 mil euros. Un total de 200 mil destinaranse a sufragar gasto corrente.
Este remanente de 2023 investirase en catro obras destinadas a mellorar a accesibilidade na praia dos Areos, a praza de abastos, o paseo da praia da Lombiña ó campo da Alta e a pavimentación de viais no polígono da Tomada.
O POS social dotado con preto de 70 mil euros destinarase ó programa de reparto de alimentos, ó comedor sobre rodas e os gastos dunha das vivendas de emerxencia social.
Por último, o plan complementario contempla a dotación de saneamento no lugar de Ouxo por importe de 126 mil euros.











