BOIRO> Baixo o lema ‘Fai contorna’, o colectivo realizará un sorteo de vales de compra por un importe total superior ós cinco mil euros. A campaña desenvolverase dende o dous ó vinte de xuño.
Un total de 113 negocios de Boiro, unha cifra histórica, e que está aínda aberta a máis adhesións, participarán na campaña de apoio ó comercio e á hostalería local ‘Fai contorna’ que promove a asociación de Peñas Boiro. A iniciativa desenvolverase do 2 ó 20 de xuño e consistirá na entrega de rifas por cada dez euros de compra para participar logo nun sorteo no que se repartirán máis de cinco mil euros.
Dende o colectivo aproveitan para facer unha chamada á veciñanza a apoiar ós negocios do municipio.
O colectivo agradeceu a resposta de todo o comercio e a hostalería local, que dende un primeiro momento se mostraron moi ilusionados con esta campaña.