![]()
RIBEIRA> No estudo recóllense un total de vinte actuacións urxentes para mellorar as infraestruturas e servizos do recinto.
{flowplayer}barbanza/mellorasxaras.flv{/flowplayer}
O presidente da patronal ribeiresa, Xosé Paz Cadaval, considera imprescindible para o bo funcionamento do parque empresarial de Xarás que se acometan unha serie de actuacións no recinto, dando así resposta ás graves carencias que presenta actualmente o polígono No informe, elaborado por unha empresa de consultoría externa, recóllense un total de vinte accións que serían fundamentais para o bo funcionamento do parque. Abarca diferentes aspectos, como é o caso da xestión e o mantemento das instalacións ou a dotación de novos servizos e infraestruturas. Nel inclúese a construción dun centro de servizos e mantemento, o arranxo e ampliación do alumeado público, a posta en marcha dun plan de limpeza ou o soterramento do tendido eléctrico, entre outras actuacións. O importe total ó que ascendería levar a cabo este plan de modernización, rondaría os dous millóns de euros.
Xunta xestora
Aínda así para o presidente da patronal local, unha das accións a realizar máis urxentes de cara a mellora-lo funcionamento do polígono pasa fundamentalmente pola constitución dunha entidade de xestión do propio parque empresarial. Precisamente dende a propia Asociación de Empresarios de Ribeira estanse a da-los primeiros pasos para a creación dunha xunta xestora que se encargue de velar polos intereses das corenta empresas instaladas na actualidade en Xarás.
Redacción Barbanza










