RIBEIRA> Estes días estase a executar o asfaltado do vial que atravesa o núcleo dos Muíños, na parroquia de Oleiros.
A actuación, cun orzamento de preto de 70 mil euros, vén a satisfacer unha vella demanda da veciñanza, polo mal estado que presentaba a estrada debido ás obras de instalación da rede de saneamento que se acometeron na zona, que afectaron negativamente ó vial.
O alcalde fixo referencia tamén a outros investimento levados a cabo nos últimos anos nesta parroquia que supuxeron tamén melloras importantes de servizos como é o caso da mellora da accesibilidade e o saneamento no lugar da Gándara.
Pero non serán as últimas actuacións nesta parroquia, egundo el está pendente tamén acometer diversas melloras no campo de fútbol, coa mellora dos vestiarios e cambio do alumeado.