Marcos Baldomero reforzará o lateral esquerdo do Arousa

arousa250_290109.jpgVILAGARCÍA> Juan Laxes disporá por fin do lateral esquerdo que tanto ansiaba. Marcos Baldomero hega co obxectivo de coller a forma canto antes e podería dispoñer dalgúns minutos no derbi do sábado ante o Céltiga.

O Arousa xa dispón dese lateral esquerdo que tanto precisaba dende a marcha de Jesús o mes pasado. Trátase de Marcos Baldomero, un xogador de 30 anos, que militou no Céltiga na Preferente Sur , e na Terceira durante unha temporada, e que chega agora dende o Caldas.

A súa incorporación permitirá a Laxes liberar a outros homes como Nelo e Luis Alberto que viñan ocupando a posición de lateral esquerdo como recurso.

Marcos competíu as últimas dúas semanas co Caldas despois de varios meses parado, polo que apurará nos próximos días a súa preparación física para poder entrar canto antes nos plans de Laxes.

O técnico, por certo, víu como o Xuiz de Competición lle retiraba o cartón vermello que vira a semana pasada nas Pardiñas. Polo tanto Laxes estará no banquiño da Lomba dirtixindo ó seu equipo o vindeiro sábado no derbi ante o Celtiga.

Redacción Salnés