O Concello espera inaugurar no verán a casa de cultura de Raxó

    casa_cultura_raxo100_290109.jpgPOIO> Raxó poderá contar este ano coa ansiada casa de cultura. Logo dos atrancos que houbo coa primeira adxudicataria, a nova empresa está a cumprir …

    {flowplayer}images/salnes/casa_cultura_raxo.flv{/flowplayer}

    POIO> Raxó poderá contar este ano coa ansiada casa de cultura. Logo dos atrancos que houbo coa primeira adxudicataria, a nova empresa está a cumprir co plan de traballo previsto. Así o comprobaron esta mañá o alcalde e mailo director xeral de Creación e Difusión Cultural.

    A casa de Cultura de Raxó contará cun salón de actos con capacidade para 300 persoas, cafetería e un amplo recibidor na planta baixa do edificio. No primeiro andar terá biblioteca, ludoteca, sala de audiovisuais e de informática e locais de reunión. Mentres que a cuberta actuará de praza pública e miradoiro sobre a ría de Pontevedra.

    O presuposto da obra ascende a 1,2 millóns de euros, financiados en parte pola Consellería de Cultura. O Concello calcula en 200 mil euros o presuposto necesario para o equipamento do edificio. E polo de pronto reservará unha partida no orzamento deste ano para poder inaugurar a casa de cultura en agosto.

    Luís Bará tamén visitou esta mañá o Parque da Memoria, na Seca e reiterou o compromiso de Cultura para colaborar neste proxecto. O alcalde indicou que destinarán 200 mil euros dos Fondos anticrise do Estado para acondicionar o entorno. Coa montaxe das esculturas xa feita, Luciano Sobral cre que este ano estará rematado o parque.

    Redacción Salnés