Ribeira é o terceiro concello da provincia con máis usuarios do servizo de teleasistencia

BARBANZA> A Deputación da Coruña incrementou o servizo de Teleasistencia que conta xa con 2900 usuarios en toda a provincia. No último ano incorporáronse máis de 300 novos usuarios.

Ribeira é o terceiro concello da provincia con maior número de usuarios do servizo de teleasistencia da Deputación da Coruña, con preto dun cento de beneficiarios. Trátase dun servizo gratuíto dirixido ós maiores que viven só. Con tan só premer un botón reciben a chamada inmediata dun asistente ó que comunicarlle calquera urxencia ou necesidade. Pero non só se comunican a iniciativa dos usuarios senón que os operadores realizan chamadas periódicas de control para interesarse polo estado de saúde, recordarlles unha cita médica ou lembrarlles a toma de medicación.

No último ano, incrementouse en 333 o número de novos usuarios en toda a provincia chegando xa a 2900. A intención da Deputación é seguir a ampliar o servizo ata chega rós 3300 beneficiarios. Os interesados en adherirse poden solicitalo a través dos departamentos de Servizos Sociais dos concellos de menos de 50 mil habitantes.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí