VILAGARCÍA> O Céltiga levouse o derbi da Lomba despois dun partido con polémica e no que os da Illa aguantaron case toda a segunda metade con dous xogadores menos. O Arousa volveu a ofrecer unha mala imaxe e xa é último na xeral.
{flowplayer}images/salnes/derbi_020209.flv{/flowplayer}
O mellor que viron os afeccionados do Arousa no derbi do sábado foi a nova manifestación dos alevíns do conxunto vilagarcián, pedindo a súa admisión na Arousa Futbol 7, e a mensaxe de ánimo do plantel arlequinado ó seu capìtán Fernando, aqueixado de tuberulose. Ambas previas ó partido, porque despois do pitazo inicial, o Céltiga foi mellor e levouse con total merecemento os tres puntos da Lomba.
Un partido que comezou con certo dominio local pero só en canto á posesión, porque os achegamentos eran sempre con escaso perigo. Josiño Abalde plantexou unha estratexia case perfecta, controlando a situación derfensiva e intentando saír directos ás contras.
Nun deses pelotazos, Manuel gañoulle a espalda á zaga local e puxo o 0-1. O Céltiga cumpría o seu primeiro obxectivo.
Antes do descanso, boa xogada de Kelvin pola banda dereita, que sacou una centro atrás para que Peloto puxera o 0-2.
Pero as cousas torcéronse para os da Illa xusto antes do descanso. O colexiado vigués Extremadura Hernandez expulsou a Manuel despois dunha entrada a destempo, pero que debeu quedar en simple amarelo.
Tralo paso polos vestiarios o Arousa saíu a por todas sabendo da súa superioridade numérica. E como caído do ceo, no minuto catro da reanudación, penalti, segundo amarelo a expulsión para Óscar Blanco. O lateral do Céltiga toca o balón coa man de xeito involuntario e non desvía a traxectoria deste; de novo polémica.
Gol do de sempre, de Hugo, e corenta minutos por diante para que o Arousa para intentar levanta-lo encontro.
Non puido. Cando disparou á porta estrellouse con César, cando intentou combinar non puideron cuns xogadores do Céltiga que deixáronse a pel na Lomba, sempre ben ordeados e ofrecendo un desgaste físico admirable.
Así as cousas os de Josiño quedan novenos na xeral pero a tan só un punto cuarto. Os de Laxes son xa últimos, a dous da salvación e amosando cada vez peor cara.
Redacción Salnés