Victoria do Est. Otero que o afasta da zona de descenso

tenisdemesa250_030209.jpgCAMBADOS> O Establecimientos Otero colleitou unha importante victoria esta fin de semana en Cataluña. Os cambadeses impuxéronse con solvencia ó Ripollet e distáncianse dos postos de descenso. Tamen gañou o Grupo Barros.

O Establecimentos Otero continúa a completar unha temporada brillante na División de Honra do tenis de mesa nacional. O conxunto cambadés impúxose no último encontro disputado ó Ripollet, por 1-4, nun partido no que o máis destacado volveu  ser Liu Junhui. O chino venceu con autoridade tódolos seus partidos para acabar sumando dous puntos ,mailo dobres con Jacobo. Enseñat non puido sumar en individuais pero si o fixo Eduardo Barreiro, que completou a victoria.

Dous puntos máis que serven para alonxarse do descenso e situarse unha victoria tan só do segundo clasficado, o Termotur Calella, que visitará San Tomé dentro de quince días.

Na Segunda División Nacional, máis do mesmo para o Grupo Barros. 12 de 12 para eles que nesta ocasión non tiveron problemas parea desfacerse do San Isidro por 4-0. Unha victoria máis clara do agardado, onde destacou a o triunfo de Fernando Padín sobre un dos mellores xogadores da categoría, José Piñeiro.

Na mesma división, o Joyería Enrique complicouse aínda máis a permanencia tras caer co Mercantil de Vigo por 1-4. A súa salvación é practicamente imposible.

Na Primeira División Nacional Feminina o Caixanova nada puido facer ante o líder DubraTambre co que caeu por 4-0.

Ademais, na Primeira División Autonómica o Caixa Galicia impúxose por 4 -0 ó Helios Bembibre. Os cambadeses terán que agardar ó resultado do partido suspendido entre Vincios e Monteporreiro para saber se se clasifican para a fase de ascenso ou para a de descenso.

Por último, na segunda galega, sí que se meteu no grupo de ascenso o Insucarpi, que gañou 4-0 ó Liceo Noia.

Redacción Salnés