A alcaldesa esixe a Vivenda “celeridade” na construción de VPO

    taboas_ribadumia_100_040209.jpgRIBADUMIA> A Xunta construirá 15 pisos de promoción pública nunha parcela de Barrantes.

    {flowplayer}images/salnes/040209_visita_taboas_ribadumia.flv{/flowplayer} 

    O novo edificio construirase nun solar de catrocentos sesenta e tres metros cadrados. Estará situado en Barrantes, preto da Avenida Bouza Martín e das instalacións deportivas municipais.

    A alcaldesa de Ribadumia, Salomé Peña, acompañou á conselleira de Vivenda, Teresa Táboas, na súa visita a Ribadumia e aproveitou para solicitarlle "maior celeridade" na construción destas vivendas, así coma o acondicionamento da praza e o entorno do futuro edificio.

    Teresa Táboas quixo comprobar tamén a marcha das obras de reurbanización da Praza de Barrantes, onde a súa consellería está a colaborar co concello na construción dunha explanada para usos múltiples, un anfiteatro e un espazo verde que contará cun parque infantil.

    Redacción Salnés