O primeiro club de golf indoor de España nace en Sanxenxo

SANXENXO> O Gallaecia Sport Club de Sanxenxo presenta o primeiro club de golf indoor de España. O equipo nace grazas á tecnoloxía punteira de simulación deste deporte coa que conta o establecemento. Tanto o concello como o Gallaecia agardan que isto contribúa á desestacionalización do turismo da vila.

O Gallaecia Sport Club de Sanxenxo continúa facendo historia dentro do golf indoor do noso país. O establecemento que xa foi o pioneiro en dispoñer da tecnoloxía de Foresiht Sport, un simulador de golf punteiro en Europa, agora será o primeiro en contar cun club de golf indoor.

A través desta tecnoloxía, os afeccionados ao golf practican os seus golpes e aqueles que queiran aprender poden dar clases.

Á presentación acudiu o alcalde de Sanxenxo. Telmo Martín deu o golpe de saída a este club e ademais resaltou a aportación que este establecemento ofrece á vila para a desestacionalización do turismo.

Dende o Gallaecia Sport Club destacan que esta tecnoloxía elimina o mito de que o golf sexa un deporte para ricos. Engaden que tódalas persoas e de calquera idade poden practicalo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí