Sete días de festa en Meis polo San Bieito, cos callos e Xabier Díaz como pratos fortes

MEIS> Meis xa ten todo a punto para celebra-las súas festas do San Bieito. Este ano haberá sete días de festexos nos que, por suposto, non faltará a Festa dos Callos nin as actuacións musicias. Xabier Díaz e as Adufeiras do Salitre ou Lontreira van actuar no municipio, dentro dun cartel que inclúe outras actividades paralelas como a xa tradicional BTT dos callos.

Faga frío ou calor os callos sempre triunfan en Meis. Eles volven se-lo prato forte das festas do San Bieito. Este ano os festexos arrancarán o 1 de xullo prolongándose durante sete días.

A primeira das actividades será o torneo interparroquial do Concello, con moita implicación por parte da veciñanza. Pero como sempre, un dos días marcados en vermello chega coa Festa dos Callos, que acada os 31 anos de vida. Vai ser o domingo 9 de xullo. 

Ademais, a programación conta con varias actuacións musicais, con orquestras e varios concertos. Salienta a programación deseñada para o día dos Callos. O deporte terá moito protagonismo, salientando a oitava ruta de BTT dos Callos.

Este ano tamén haberá actividade na Casa de Parga, do mesmo xeito que o ano pasado. Trátase dun espectáculo de música e teatro chamado “A Gárgola no Rural”. Neste caso, a cita é o día 6 ás 9 do serán.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí