Aguiño acolle este domingo a quinta edición da Milla-Andaina ‘Heroínas de Sálvora’

RIBEIRA> Este vindeiro domingo 14 de xaneiro disputarase en Aguiño a quinta edición da milla Solidaria Heroínas de Sálvora.

A cita, que terá lugar a partir das once da mañá dende o peirao da localidade, estará dirixida a tódalas categorías, incluindo tamén a modalidade de ‘sapatilla insclusiva’.

Tamén se incorpora este ano unha andaina.

Todo o recadado a través das inscrición irá destinado a Cáritas Parroquial de aguiño. Entidade dende a cal agradeceron o xesto.

As inscricións, cun custe de 5 euros, poderán realizar ata o vindeiro xoves día 12, a través da web de galitiming.

Dende a organización agardan superar a cifra de inscritos da pasada edición que se situou en preto dos 180 participantes.