O alcalde de Barro acusa a Landín de facer campaña electoral con mentiras

BARRO> O alcalde de Barro responde as acusacións do PP  local por irregularidades na construción da piscina municipal. Abraldes defende a súa xestión e considera que os populares están facendo campaña electoral a base de mentiras.

O líder dos populares en Barro, José Antonio Landín, acusou ó equipo de goberno de irregularidades no acordo plenario de modificación do contrato de construción da piscina municipal. O alcalde da vila defende a súa xestión e considera que os populares están mentindo para facer campaña electoral.

Segundo Abrales, os gastos non excederán do orzamento inicial co cal o concello non terá que facer ningún investimento a maiores como alegaba o PP.

O alcalde asegura que todas as certificacións están visadas pola Deputación e dentro da legalidade.

O rexedor defendeu o traballo dos empregados municipais e da Deputación e acusa a Landín de mentir ós veciños. Abraldes tamén asegurou que a piscina estará aberta este verán.