O concello de Boiro estuda coa Federación Galega de Fútbol a ampliación do campo de Barraña

BOIRO> O presidente da Federación Galega de fútbol desprazouse ata Boiro para coñecer o proxecto de ampliación do campo de Barraña. O concello traballa na compra duns terreos anexos para construír unha cidade deportiva.

O concello de Boiro estuda xunto coa Federación Galega de Boiro as posibilidades de ampliar o campo de fútbol de Barraña e renovar a gradaría. O presidente da Federación desprazouse ata Boiro para coñecer as instalacións e as propostas do Club Deportivo Boiro para renovar o campo que conta xa con máis de medio século de actividade.

Nos últimos meses téñense acometidos algunhas melloras coa construción dunha zona de oficinas e sala de reunións para a actividade administrativa do club.