BOIRO> A mostra do Certame de Artes Plásticas Isaac Díaz Pardo recala en Ribeira. Fotografía, escultura, pintura e videocreación compoñen esta exposición que xa se pode visitar no Centro Cultural Lustres Rivas.
As obras seleccionadas na decimo oitava edición do Certame de Artes Plásticas Isaac Díaz Pardo que convoca a Deputación poderán visitarse no Centro Lustres Rivas de Ribeira ata o próximo 18 de decembro. Hoxe abríase ó público esta mostra composta de 17 pezas de videocreación, fotografía, escultura, gravado e outras formas de expresión artística.
Dende o concello animaron á cidadanía a afondar nas obras que compoñen a mostra, a proveitando a oportunidade brindada pola Deputación ó incluír ó concello de Ribeira no seu itineraio.
A entrada á sala é de balde. permanecerá aberta de luns a venres en horario de mañá e tarde e os sábados pola mañá.











