Os veciños de Escarabote xa disfrutan do seu fermoso paseo marítimo

    inauguracionpaseoescarabote_100_110209.jpgBOIRO>actuación foi financiada integramente polo Ministerio de Medio Ambiente e que superou o millón de euros.

    {flowplayer}barbanza/inauguracionpaseoescarabote.flv{/flowplayer}

    Este é o momento no que o xefe da Demarcación de Costas en Galicia, Rafael Eimil, procedía ó descubrimento da placa conmemorativa do novo paseo de Escarabote. Unha actuación financiada na súa totalidade polo Ministerio de Medio Ambiente por valor de 1’1 millón de euros, dos que aproximadamente uns 450 mil euros foron destinados ó pago de expropiacións.

    Novos proxectos

    Rafael Eimil informou ademais de que a Demarcación de Costas seguirá a traballar na recuperación do bordo litoral do concello boirñes, con proxectos como o da rexeneración do río Coroño.

    Colaboración veciñal

    Durante o acto inaugural o alcalde, Xosé Deira, destacou a importancia de actuación que vén a contribuír á mellora da calidade de vida dos veciños de Escarabote. Pola súa banda o tenente de alcalde agradeceu tamén a colaboración dos veciños afectados por esta obra, ó redor duns 50, cos que houbo que chegar a acordo para a cesión de parte do terreo polo que discorre o paseo.

    A actuación levada a cabo pola empresa OVISA centrouse fundamentalmente no acondicionamento de accesos, na recuperación dos recursos naturais da zona e na mellora de equipamento en todo o borde litoral. As obras abarcaron unha franxa de costa de aproximadamente 900 metros de lonxitude e un ancho de seis metros de media. Tamén se dotou ás vivendas da zona de servizo de sumidoiros, do que carecían, e mellorouse o subministro de auga.

    Redacción Barbanza