Proposta do PP para subvencionar ós prexudicados polo peche da vía rápida

    manuelruiz_100_051007.jpgBARBANZA >PP presentou unha proposición non de lei solicitando á Xunta que compense aos prexudicados polo peche da vía rápida do barbanza.

    O corte da vía rápida prexudica a todos os usuarios, especialmente a aqueles que se teñen que desprazar por motivos de traballos varias veces á semana a Santiago, pero tamén o comercio e a hostalería do Barbanza, ou ós transportistas de peixe e, por ende, a todo o motor económico da comarca.

    Ruiz Rivas cre que o corte da vía rápida convirte en principal e única beneficiaria á empresa Itinere, adxudicataria das obras, pois no proxecto inicial este corte de tráfico non viña recollido.

    Os populares galegos argumentan que con este peche as obras deberían ir máis rápido e acabarse antes, polo que a adxudicataría comezaría a percibir cartos polo tráfico de vehículo tamén antes.

    Subvencións

    Este beneficio debería repercutir vía subvencións nos verdadeiros prexudicados, os barbanzáns, especialmente nos empresarios da comarca. Por iso Manuel Ruíz insta ó goberno galego a descontar dos pagos que efectúe á concesionaria o importe correspondente ós beneficios adicionais que obterá polo corte da vía de alta capacidade.

    Ruíz Rivas lembrou durante a súa intervención que María José Caride reiterara en numerosas ocasións que a vía rápida non se ía pechar, que se ían compatibilizar as obras co tráfico de vehículos, promesa que ó final non se mantivo e que o portavoz popular di non entender o motivo, pois noutras vías tamén en obras como a do salnés, si se mantiveron abertas ós coches.

    Perdas millonarias

    Un estudo recente do PPdeG cifra en tres millóns de euros mensuais o importe das perdas provocadas polo peche da vía sobre os sectores productivos da comarca.

    O Partido Popular galego cuestionou xa en numerosas ocasións a adxudicación desta obra, tentando que haxa unha verdadeira comisión de investigación sobre o proceso adxudicatario, pois considera que hai trato de favor coa empresa adxudicataria por parte da consellería de política territorial.

    Ruíz Rivas aproveitou para reclamar tamén, en nome do seu grupo parlamentario, a apertura de parte ou da totalidade da autovía ó longo do primeiro trimestre de 2008, á vista das “facilidades” outorgadas á concesionaria e que a Consellería, mentres duren as obras, financie a contratación dos policías locais auxiliares que os concellos da comarca precisen.

    Redacción Barbanza