O 40% dos xuíces da provincia participaron na folga nacional

    protesta_xuices100.jpgPONTEVEDRA> O Poder Xudicial enfrontouse hoxe ao poder executivo. 2.200 maxistrados de todo o Estado acudiron á folga convocada para esixir…

    … máis medios humanos e técnicos ao servizo da Xustiza. Segundo o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia a participación dos xuíces galegos, na protesta, superou o 36%. Na provincia de Pontevedra, o 40% dos maxistrados exerceron o seu dereito constitucional á folga e sumáronse á protesta que tivo lugar nas portas da Audiencia Nacional, este mediodía.

    En Pontevedra, trinta e cinco dos noventa xuíces, que exercen na provincia, sumáronse á folga prevista para hoxe. Segundo as estimacións do Decanato provincial, o 40 % dos maxistrados de Pontevedra sumáronse á protesta e non exerceron a súa labor no seu horario laboral, de nove da mañá, ás dúas da tarde. O que si fixeron os maxistrados, en folga, foi acudir ás dependencias da Audiencia Provincial de Pontevedra, onde se concentraron, ás 12 da mañá, para ler un comunicado no que se detallan as súas reivindicacións.

    No acto deste mediodía participaron os xuíces que se declararon en folga e tamén os que decidiron non suspender a súa actividade, hoxe. Segundo o comité de folga, o 80% dos maxistrados da provincia están de acordo coas reivindicacións que motivaron a folga.

    O Consello Xeral do Poder Xudicial non autorizou esta protesta e considera que está fora do marco legal. Os xuíces ampáranse na Constitución Española para defender o seu dereito a declararse en folga. Debido a este baleiro legal, foi o comité de folga nacional o que estableceu os servizos mínimos previstos para esta xornada. Non se suspenderon os asuntos urxentes, os casos de violencia de xénero e menores, nin os asuntos nos que houbo detidos.

    Redacción Salnés

    {flowplayer}images/salnes/180209_folga_xuices{flowplayer}