Unha nai de Cambados reclama os dereitos do seu fillo dependente

    foto_jesus_100.jpgCAMBADOS> María Pilar Rodríguez, unha veciña do lugar da Modia- San Antón en Cambados denuncia ante os medios de comunicación a…

    {flowplayer}images/salnes/180209_nai_minusvalido.flv{/flowplayer} 

    … situación de indefensión na que se atopa o seu fillo minusválido. Jesús, que así se chama o rapaz, leva desde que naceu –fai 18 anos- postrado nunha cadeira de rodas sen a penas mobilidade. Esta incapacidade fai que teña que estar ó coidado de súa nai ás 24 horas do día.

    A maiores, foi sometido o longo dos anos a numerosas e complicadas intervencións cirúrxicas. Malia esta situación na que se atopa, os servicios sociais só chegaron a cualificalo de persoa dependente, e non gran dependente como solicita a súa nai. Esto significa na práctica, que o goberno galego só lles concede unha axuda de 500 Euros cada seis meses, unha cantidade que non lle chega a nada para tódolos gastos constantes que supón a súa situación.

    Por se isto fora pouco, Jesús agora maior de idade, é analfabeto porque no colexio ó que asistía, o San Tomé de Cambados, non o ensinaron como ó resto dos seus compañeiros. Logo dunha vida de traballos, tanto os veciños do lugar como o propio Jesús piden á administración que teñen un chisco de sensibilidade e valore o seu caso na súa xusta medida. Con todo, Jesús vai a seguir adiante ca súa vida, continuando os seus estudios no Colexio Especial de Vilagarcía.

    Redacción Salnés