Rafael Louzán: ‘Esperamos estar á altura’

    rafael_louzan100.jpgPONTEVEDRA> O Ministerio de Facenda avaliará nos vindeiros meses que concellos son capaces de cumprir cos servizos que xa estaban a ofrecer ós cidadáns.

    {flowplayer}images/salnes/RP_DEPUTACION_200612.flv{/flowplayer}

    E nos casos onde non o poidan facer, aí entrarán as deputacións. O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, considera unha boa nova que o goberno faga esta redistribución de funcións das administracións.

    A Deputación de Pontevedra xa recolleu no orzamento deste ano dous millóns e medio de euros para asumir o gasto en xestión de servizos sociais básicos en concellos de menos de 20 mil habitantes. Pese a esta intervención do provincial, Louzán considera que a autonomía municipal está garantida.

    Rafael Louzán tamén informou que na comisión informativa se acordou o inicio do proceso de disolución dos 7 organismos autónomos, que serán xestionados directamente pola Deputación en 2013. Ademais, na Xunta de Goberno provincial aprobáronse as axudas a entidades culturais e deportivas, que ascenden a uns 5 millóns de euros.

    Redacción Salnés