A taekwondista Lúa Piñeiro fóra da Copa de Europa

fototaekwondocopiabien.jpg PONTEVEDRA> É a actual campiona de España de Taekwondo na categoría senior pero a praza foi para unha das taekwondistas adestradas por un dos técnicos da Federación.

{flowplayer}images/salnes/Taekwondo.flv{/flowplayer}

A Copa de Europa celebrouse en outubro e o equipo feminino acadou o primeiro posto. Aínda que agora pouco pode facer, Lúa Piñeiro quere deixar claro que un dos postos dese equipo debería ter sido para ela.

Por un lado porque sendo a actual campiona de España, no caso de que una competidora de alto nivel non puidera asistir corresponderíalle a ela facelo. E por outa parte porque os seus resultados, como campiona e ata 4 veces subcampiona demostran sobradamente os seus méritos para estar ahí.

O outro elemeto que hai que ter en conta é que a persona elexida para acudir no seu lugar é unha taekwondista do CAR de Barcelona adestrada por un dos adestradores da Federación Española. Taekwondista que nin sequera participuo no campionato de España.

Lúa , que estaba convencida de que sería convocada para este campionato, só pode falar de decepción.

Só agarda que todo se resolva e, polo de agora, seguir adiante coa súa carreira como máis lle gusta, pelexando.

Redacción Salnés